martes, 20 de noviembre de 2007

Textos filosóficos sexistas

"Da mesma maneira que úns pais deformes ás veces teñen fillos tamén deformes , e outras veces fillos normais, así a descendencia dunha femia pode ser macho ou femia. A razón é que a femia é como si fose un macho deforme, e a descarga menstrual é semen, só que impuro: fáltalle un elemento básico, a alma. Este elemento foi aportado polo semen masculino, e cando o residuo femenino o reciba, entón formase o feto." Aristóteles. A xeneración dos animais

"Ante todo muller e boi de labranza" Hesíodo
"De modo que as partes da administración doméstica son tres: unha, a do dominio do amo, sobre a cal xa se falou antes; outra, a paterna, e en terceiro lugar a conxugal. Pois tamén hai que gobernar á muller e ós fillos, como libres nun e noutro caso, pero non co mesmo tipo de goberno, senón que se manda sobre a esposa políticamente e sobre os fillos monarquicamente. En efecto, o macho por natureza é máis apto para a dirección que a femia, sempre que non se estableza unha situación antinatural; do mesmo modo como o máis vello e maduro é máis apto para a dirección que o máis xoven e inmaduro. A superioridade do varón frente a femia mantén sempre este carácter. A potestade sobre os fillos e rexia. Porque o que os enxendrou exerce o seu mando por afecto e a súa maior idade; eso precisamente é o específico do poder real. Por tal motivo acertadamente invocou Homero a Zeus "Pai do home e dos deuses", a él, que é rei de todos eles." Aristóteles "A Política"
Cuestións:
1.- Corrixe os puntos de vista de Aristóteles no texto un, en base ós coñecementos da Tª Biolóxica actual.
2.- Comenta a frase de Hesíodo.
3.- ¿Qué quere decir que sobre a muller se goberna políticamente frente ós fillos monarquicamente?.

Obxección 1. A muller é defectuosa porque, frente ó poder activo do semen, a orixe da muller ven dunha indisposición material... por outra parte según a natureza humana universal, a muller non é defectuosa, senón que está incluida na intención da natureza, como dirixida cara un traballo de reproducción. Agora ben, a intención universal da natureza depende de Deus, que é o autor universal da natureza. Polo tanto, ó producir a natureza, Deus creou non somente o macho, senó á femia.
Obxección 2. A suxección ten dúas facetas, unha é servil, en virtude da cal, un superior fai uso dun suxeto para o seu proprio beneficio. Ésta é a clase de suxección que se empregou despois do pecado. Pero hai outra clase de sometemento que se chama civil ou económico, no que o superior fai uso do seus sometidos para o beneficio e o ben deles: ésta caste de sometemento existía antes do pecado. Polo ben do orde é necesario na familia humana, que uns sexan gobernados polos máís sabios. E por esta caste de suxección está a muller naturalmente sometida ó home. Porque no home o discernimento e a razón predominan.
Obxección 3. ... Si Deus fora privado ó mundo de todo o pecaminoso, o universo sería incompleto... e ademais, Deus é tan poderoso que pode dirixir calquer mal a un bó fin. Sto. Tomás
Cuestións:
1.- Rebate as obxeccións de Tomás de Aquino.
2.- ¿Cres que influiu o seu celibato na súa forma de pensar?.

" Só o aspecto das mulleres revela que non está destinada ós grandes traballos da intelixencia nin ós grandes traballos materiais... o que fai ás mulleres particularmente aptas para cuidarnos e educarnos na primeira infancia, é que elas continuan sendo puerís, e limitadas de intelixencia. Permanecen toda a súa vida nenos grandes, unha especie de intermedio entre o neno e o home... Durante algúns anos as engalana cunha beleza, unha gracia e unha perfección extraoridinaria, a expensas do resto da súa vida, a fin de que, durante esos rápidos anos de esplendor, poidan apoderarse fortemente da imaxinación dun home e arastralo legalmente con elas de calquer modo... Daí provén que as xovenes casadeiras miren xeralmente as ocupacións domésticas e os deberes do seu estado como cousas accesorias, ó paso que recoñecen a súa verdadira vocación polo amor, as conquistas e todo o que con elas se relaciona, vestir, bailes,etc.
Cando máis noble e acabada é unha cousa máis lento e tardo desenvolvemento ten. A razón e intelixencia do home non chega o seu auxe ate a idade de 28 anos; pola contra, na muller a madurez de espíritua chega á de 18. Por eso ten sempre un xuizo de 18 anos, por eso as mulleres son toda a súa vida verdadeiros nenos... Só se fixan no presente, toman as apariencias pola realidade... Tantas partes defectuosas, non obstante, con un mérito, a muller máis absorta polo momento presente, goza máis del que nós. Daí esa xovialidade que lle é propria, e as fai ser capaces de distraer e as veces consolar ó home abrumado de preocupacións e penas." Schopenhauer: "As mulleres"

Cuestións:
1.- ¿Qué implicacións morais poderían derivarse de persistir a sociedade nas tesis de Schopenhauer?.
2.- ¿Cales che parecen as afirmacións máis duras que sobre a muller esgrime Schopenhauer?.

"O home é para a muller un medio: a finalidade é sempre o fillo. Pero ¿qué é a muller para o home?. Duas cousas quere o home auténtico: perigo e xogo. Por elo quere el á muller como o máis perigosos dos xoguetes.
O home debe ser educado para a guerra, e a muller, para a recreación do guerreiro; todo o demais é tonteria. A felicidade do home chámase: Eu quero. A felicidade da muller chámase: Él quere.
!Dáme muller a túa pequena verdade, dixen eu, e así falou a velliña: ¿vas con mulleres? !non esquezas o vergallo! (Nietzsche "Así falou Zaratustra")
Cuestións:
1.- ¿É certo que a felicidade do home chámase: Eu quero , e a da muller: Él quere?
2.- ¿Son somente as mulleres xoguetes dos homes?
Actividade:
Realiza en forma de diálogo os papeis de Don Xoán e Doña Inés ó revés.

No hay comentarios: