lunes, 12 de noviembre de 2007

CONCLUSIÓN

Hoxe, os dereitos humanos representan o sistema de valores máis universalemente aceptado e o horizonte ético da humanidade. Nunca antes os dereitos humanos ocuparon un lugar tan relevante nas axendas políticas nacionais e internacionais; nunca antes ata agora habíanse coñecido e denunc¡ado as violacións máis graves e sistemáticas dos dereitos humanos con tanta precisión, rapidez e alcance.Para impedir que o Estado, coa súa forza, poida invadir a esfera privada dos individuos, o liberalismo utilizará, entre outros mecanismos, a proclamación dos dereitos e liberdades persoais dándolles a categoría de "naturais", é dicir, propios da natureza humana e, polo tanto, previos e superiores ó Estado. A este non lle queda outro remedio que aceptalos e respetalos.O novo Estado social e asistencial non se limita a matizar as liberdades económicas, senón que consagra novos dereitos. Entre eles o dereito á educación, o dereito a unha xusta remuneración polo traballo, a unha vivenda digna, a unha seguridade social, a un descanso semanal, a unhas vacacións, a unhas condicións de traballo humanas, etc. O recoñecemento destes novos dereitos xustifica a calificación do actual Estado demo-liberal como Estado social de dereito.

No hay comentarios: