lunes, 26 de noviembre de 2007
A MULLER NA POLÍTICA
A representación feminina no ámbito político é moi negativo xa que dos 3900 homes e mulleres dos distintos partidos so 613 mulleres forman parte deles, moi poucas comparado cos 3287 homes.Esta desigualdade fai que a escasa presenza feminina nos postos de decisión constiúa unha perda para o conxunto da sociedade.Unha participación equilibrada de ambos sexos conduciría a un mundo máis xusto.Con todo, a muller segue a sufrir un claro déficit de igualdade. Séguense a ignorar as preocupacións, intereses e necesidades das mulleres.REFLEXIÓN:Podemos afirmar que no mundo político aínda queda moito camiño por percorrer ata chegar a unha situación de case paridade co sexo masculino e, sobre todo, nos municipios mais pequenos. Pero esta realidade explícase tendo en conta, que a maior parte deles son municipios rurais, onde o esteriotipo masculino-feminino ainda están moi presente debido ás barreiras socioculturais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario