lunes, 12 de noviembre de 2007

PROPÓSITOS E PRINCIPIOS DAS NACIÓNS UNIDAS

Artigo 1Os propósitos das Nacións Unidas son:1. Manter a paz e a seguridade internacionais, e con tal fin: tomar medidas colectivas eficaces para previr e eliminar ameazas á paz, e para suprimir actos de agresión ou outros quebrantamentos da paz; e lograr por medios pacíficos, e de conformidade cos principios da xustiza e do dereito internacional, o axuste ou arranxo de controversias ou situacións internacionais susceptibles de conducir a quebrantamentos da paz;2. Fomentar entre as nacións relacións de amizade baseadas no respecto ao principio da igualdade de dereitos e ao da libre determinación dos pobos, e tomar outros medidas axeitadas para fortalecer a paz universal.3. Realizar a cooperación internacional na solución de problemas internacionais de carácter económico, social, cultural ou humanitario, e no desenvolvemento e estímulo do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais de todos, sen facer distinción por motivos de raza, sexo, idioma ou relixión.4. Servir de centro que harmonice os esforzos das nacións por acadar estes propósitos comúns.Artigo 2Para a realización dos propósitos consignados no artigo 1, a Organización e os seus membros procederán de acordo cos seguintes principios:1. A Organización está baseada no principio da igualdade soberana de todos os seus membros.2. Os membros da organización, co fin de asegurarse os dereitos e beneficios inherentes á súa condición de tales, cumprirán de boa fe as obrigas contraidas por eles de conformidade con esta Carta.3. Os membros da organización arranxarán as súas controversias internacionais por medios pacíficos de tal maneira que non se poñan en perigo nin a paz e a seguridade internacionais nin a xustiza.4. Os membros da organización, nas súas relacións internacionais, absteranse de recorrer á ameaza ou ao uso da forza contra a integridade territorial ou a independencia política de calquera Estado, ou en calquera outra forma incompatible cos propósitos das Nacións Unidas.5. Os membros da organización prestarán a esta toda clase de axuda en calquera acción que exerza de conformidade con esta Carta, e absteranse de dar axuda a Estado ningún contra o cal a organización estuver exercendo acción preventiva ou coercitiva.6. A organización fará que os estados que non son membros das Nacións Unidas se conduzan de acordo con estes principios na medida en que sexa necesaria para manter a paz e a seguridade internacionais.7. Ningunha disposición desta Carta autorizará ás Nacións Unidas a intervir nos asuntos que son esencialmente da xurisdición interna dos estados, nin obrigará; aos membros a someter os devanditos asuntos a procedementos de arranxo conforme á presente Carta; pero este principio non se opón á aplicación das medidas coercitivas prescritas no capítulo VII.

No hay comentarios: