lunes, 18 de febrero de 2008

Introducción do contrato social

O contrato social é unha expresión que se utiliza na filosofía, na ciencia política e na socioloxía en alusión a un acordo real ou hipotético realizado no interior dun grupo polos seus membros, como por exemplo o que se adquire nun Estado en relación os dereitos e deberes do Estado dos seus cidadáns. Pártese da idea de que todos os membros do grupo están de acordo por vontade propia co contrato social.O contrato social, como teoría política, explica, entre outras cousas, o orixe e o proposito do Estado e dos dereitos humanos. A esencia da teoría (cuxa formulación mais coñecida é a proposta por Jean-Jacques Rousseau) e a seguinte: Para vivir en sociedade, os seres humanos acordan un contrato social implícito, que lles otorga certos dereitos a cambio de abandonar a liberdade da que dispoñerían en estado de natureza. Sendo así, os dereitos e deberes dos individuos, as cláusulas do contrato social, e o estado a entida creada para facer cumprir co contrato. Do mesmo modo, os homes poden cambiar os termos do contrato se así o desexan; os dereitos e deberes non son inmutables ou naturais. Por outro lado, un maior número de dereitos implica maiores deberes; e menos dereitos, menos deberes.

miércoles, 6 de febrero de 2008

¿QUE SON OS DEREITOS?

GS Os dereitos son normas, que poden ser de ámbito legal ou moral. No ámbito legal debemos cumplir esas determinadas normas porque senon a lei pode sancionarnos, sin embargo no ámbito moral debense cumplir por respecto aos demais, cada un debe respetar os dereitos dos demais para que os demais respeten os teus. Pero os dereitos tamen son aquelas cousas que podemos reclamar, pero que non debemos pedir obrigatoriamente. Así mesmo hai descrepancias entre o que se consideran os dereitos dunha persoa e as normas dunha sociedade, por iso hai persoas que desde o punto moral non estan de acordo coas leis e non as respetan.