O PROBLEMA DA DESIGUALDADE
¿SON TÓDOLOS SERES HUMANOS IGUAIS?
"Sostemos por evidentes, por sí mesmas, estas verdades: que tódolos homes son creados iguais; que son dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables; entre os que están a vida, a liberdade, e a busca de felicidade; que para garantir estes dereitos se institúe entre os homes os gobernos, que derivan os seus poderes lexítimos do consentemento dos gobernados; que sempre que unha forma de goberno se faga destructora destes principios, o pobo ten o dereito a reformala ou abolila, é instituir un novo goberno que se funde en ditos principios, e organizar os seus poderes na forma que o seu xuizo sexa a máis axeitada para acadar a seguridade e a felicidade".
Declaración de Independencia dos EE.UU 4 de Xullo de 1776.
"Art.1: Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. As distincións sociais non poden ser fundadas máis que na utilidade común.
Art.2: o fin de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescriptibles do home. Estes dereitos son a liberdade, a propriedade, a seguridade, e a resistencia a opresión".
Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán do 26 de Agosto de 1789
Cuestións:
1.- En función do que din estes dous textos ¿Cais son os dereitos inalienables do home?.
2.- A premisa:"Todos os homes son creados iguais" ou Art.1 da Declaración de Dereitos do Home ¿Foron sostidos históricamente desde sempre?. Si non é así ¿Por qué noutras etapas históricas ou noutros modelos de sociedade non se defenden estos principios?.
3.- ¿Cres que o principio de igualdade está realmente vixente?. De non ser así ¿a desigualdade é algo natural ou aparece nalgún momento histórico?.
4.- ¿Cal cres que é o factor determinante que forneceu a desigualdade nas sociedades humanas?.
5.- ¿É posible a existencia dunha sociedade sen clases?. Razona a túa resposta.
6.- ¿Podes citar algúns elementos diferenciadores qué poidan fundamentar a desigualdade?.
ALGÚNS MODELOS DE XUSTIFICACIÓN DA DESIGUALDADE SOCIAL
" Pero entre os instrumentos hai uns que son inanimados e outros que son vivos; p. ex: para o patrón dunha nave, o timón é un instrumento sen vida e o mariñeiro de proa un instrumento vivo,... conforme ó mesmo principio, pode decirse que a propiedade non é máis que un instrumento de existencia, a riqueza unha porción de instrumento e o escravo unha propiedade viva... ésto proba claramente o que o escravo é en sí e o que pode ser. O que por unha lei natural non se pertence a sí mesmo, senón que pertence a outro é naturalmente escravo... é preciso ver agora se hai homes que sexan tais por natureza ou senón existen, e si, sexa desto que quera, é xusto e útil o ser escravo, ou ben se toda escravitude é un feito contrario á natureza. A razón e os feitos poden resolver fácilmente estas cuestións. A autoridade e a obediencia non son só cousas necesarias senón que son eminentemente uteis. Algúns seres desde o momento que nacen están destinados, uns a obedecer, e outros a mandar".
Aristóteles: "A Política I"
Cuestións:
1.- Segundo este texto de Aristóteles ¿a desigualdade sería algo natural?.
2.- ¿Sería posible que este modelo de sociedade se diera no momento actual?. Razona a túa resposta.
3.- ¿Existen outros modos de dominación?.
"Si os nobles do Antigo Réxime necesitaban recurrir a unha suposta diferencia racial para gozar tranquilos dos seus priviliexios, os bós propietarios da monarquía burguesa disfrutan en paz os seus, como resultado dunha feliz superioridade que o xustifica frente ós pobres e pecadores obrigados a traballar 14 e 16 horas diarias e a presenciar a explotación despiadada dos seus fillos e a prostitución das suas fillas".
Francisco Rubio Llorente Introducción ós "Manuscritos Económico-filosóficos de Marx"
Cuestións:
1.- ¿Esta xustificación da desigualdade en qué se diferencia da vixente na sociedade estamental do Antigo Réxime?.
Actividade:
División da aula en función dos estamentos sociais do Antigo Réxime.
" Nas nosas sociedades actuais, o feito de nacer nun país ou a maioria de edade non abondan para otorgar ós homes as calidades necesarias para o exercicio dos dereitos cidadáns. Aqueles a quen a pobreza mantén nun estado de eterna dependencia e os condena ó traballo diario non están mellor informados dos asuntos públicos cos nenos, e non están máis interesados que un estranxeiro no bén da nación, xa que descoñecen os seus elementos e só participan indirectamente das suas vantaxes.
Por conseguinte, para poder disfrutar do dereito eleitoral, requírese unha condición ademais das prescripcións acerca da cidadania e da edade mínima. Esta condición é o tempo libre indispensable para adequerir os coñecementos e o criterio xusto. E únicamente a propiedade privada proporciona tempo libre, únicamente a propiedade privada pón ós homes en condicións de exercitar os dereitos políticos.
Cando os non propietarios teñen dereitos políticos, acontence unha destas tres cousas: ou actúan movidos polo seu proprio impulso, entón destrúen a sociedade; ou son movidos polos homes que están no poder e, neste caso, son instrumentos da tiranía; ou ben son os aspirantes ó poder os que os manexan e, neste caso, son instrumentos dunha fracción. En consecuencia, é preciso establecer condicións de propiedade tanto para ser eleitores como para ser elexibles".
Benjamin Constant: "Principios de política".
Cuestións:
1.- ¿Está en consonancia o defendido polo autor coa Declaración de Dereitos do Home de 1789?.
2.- ¿Cais son os argumentos utilizados polo autor para defender o sufraxio restrinxido?.
3.-¿ Hoxendía escoitanse polos medios de comunicación argumentos semellantes?.
4.- ¿Qué sectores sociais non poderían votar hoxendía?.
Actividade: Xogo de Simulación:
Imos dividir a aula en dous grupos, donde o profesor previamente reparte diñeiro a un só grupo, en diferentes cantidades entre os membros do grupo. O profesor simularía o Estado recadando dese mesmo grupo os impostos. O profesor prantexa o debate na aula de si se deben pagar impostos ou non e cal será a cuantía destes e o seu destino. Por lóxica, o grupo que non ten cartos defenderá unha redestribución do recaudado, entón nese momento prantexa o profesor a posibilidade de elaborar un Censo de votantes no que cada alumno fará unha proposta, o que sucederá será que aqueles que pagan impostos se neguen a outorgarlle o dereito a voto ós que carecen de diñeiro.
"En EEUU, a doctrina de que as primarias eran da exclusiva competencia dos partidos, que como organizacións privadas, quedaban á marxe do dereito público, serviu para excluirós negros nos Estados do Sur e outras irregularidades. En 1940, o Supremo declarou inconstitucional tais prácticas, sometendo a actividade dos partidos e, en concreto, as primarias ó dereito público". José A. Gómez Yáñez. Eleccións primarias e reformas políticas. El País
Cuestións
1- En base o que dí o texto non cres que certos postulados liberais poden conducir á discriminacións?.
2-Organizar candidaturas para delegados por grupos. Os grupos teñen a faculdade admitir ou excluir libremente candidatos.
ORIXE DA DESIGUALDADE
" Tratei de expoñer a orixe e progreso da desigualdade e o establecemento das sociedades políticas.... desta exposición desprendese que sendo casi nula a desigualdade en estado natural, ésta saca a súa forza e o seu incremento do desenvolvemento das nosas facultades e dos progresos do espíritu humano, e finalmente vólvese estable e lexítima mediante o establecemento da propriedade e das leis. Desprendese, ademais, que a desigualdade moral, autorizada polo único dereito positivo, é contraria ó dereito natural cantas veces non intervén na mesma proporción que a desigualdade física; diferencia que determina o que cabe pensar acerca da clase de desigualdade que reina entre tódolos pobos civilizados, posto que é un feito que está manifestamente en contra da lei natural que un neno mande a un ancián, que un imbecil guie a un home sabio, e que un puñado de xentes revente de cousas superfluas mentras que a multitude famenta carece do indispensable.
Rousseau "Discurso sobre a orixe e os fundamentos da desigualdade entre os homes".
Cuestións:
1.-Segundo Rousseau, a desigualdade ¿é algo natural ou é o resultado de decisións e leis humanas?. Xustifica a túa resposta.
2.-¿Cal é a raiz profunda da desigualdade?.
3.- ¿Son compatibles a democracia e o capitalismo?
Actividade:
Proxección dunha película "Chovendo pedras" Ken Loach
martes, 20 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario