TEMA 2. LIBERDADE, DETERMINISMO E RESPONSABILIDADE
A palabra liberdade procede do vocábulo latino liber, aplicado o home que pode asumir responsabilidades, por contratposición ó escravo que non pode facelo.
 A liberdade foi definida de diversas maneiras ao longo da historia, acentuando máis ou menos algúns aspectos:
a-      Posibildade de autodeterminación: Fichte, Ricken.
b-     Posibilidade de elección: Ortega.
c-      Acto voluntario: Descartes.
d-     Acto espontáneo: Leibniz, Mario Bunge.
e-      Ámbito de indeterminación ou ausencia de sometmento a unha lei necesaria, como o están os fenómenos naturais.
f-       Ausencia de restricións , de interferencias, de coaccións: Hobbes, Espinosa. Liberación de algo que se presenta como opresor. É libre, neste sentido, quen non está coaccionado. Esta coacción pode ser: física: un preso non  é libre de moverse físicamente; psíquica: o maníaco-depresivo non é libre psíquicamente; moral: ameaza de suspenso, etc,;política: as ditaduras impiden o exercicio desta liberdade; social: é dificultada pola excesiva presión dos usos sociais sobre o individuo.
A liberdade supón a ausencia de coaccións e implica  a posibilidade de escolla entre varias alternativas posíbeis, entre varias opcións, mediante actos espontáneos e non forzados.
Divisións da liberdade
a)      Interna ou de querer . Tamén denominada  libre albedrío ou liberdade natural implica  ausencia de coacción interna ou psíquica e implica  a capacidade de elixir. É a forma princiapal de liberdade e soe subdividirse en:
-Liberdade de exercicio. Obrar ou non obrar.
-Liberdade de especificación. Escolla entre diversas opcións.
-Liberdade de contrariedade. Elección entre duas opcións contrarias (facer o ben ou mal).
Outra división soe ser entre : liberdade da espontaneidade- ausencia de coacción ou violencia e liberdade de indiferencia: contraposta á existencia de causa e de necesidade.
b)      Externa ou de facer ou de obrar.Presupón a ausencia de coaccions  externas e implica a posibilidade de escolla, de autodeterminación frente a diversas alternativas que se nos presenten a nivel social. Ex.: Eu podo ou non presentarme ás eleicións, podo  ou non reunirme con outros,etc.
“A liberdade é o dereito de facer todo o que as leis permiten, de xeito que se un cidadán pudiese facer o que as leis prohíben, xa non habería liberdade, pois os demais terian igualmente esta facultade”Montesquieu
Esta liberdade subdivídese en:
I)                   Liberdades  persoais:
a)      Persoal: Dereito a integridade física e a propia vida e garantia de non ser detido agás nas formas e cos requisitos previstos pola lei.
b)     De residencia: dereito a establecer residencia propia onde xulgue máis convinte
c)      De circulación: Dereito de moverse sen trabas polo territorio estatal.
d)     De pensamento: liberdade de adherirse ao sistema ideolóxico que  xulgue convinte  e poder manifestar as propias ideas.
e)      De expresión: liberdade para difundir os pensamentos, ideas e opinións por calquera medio de producción.
f)       De cátedra: Dereito do profesor a explicar seguindo os criterios e métodos que xulgar máis adecuados.
g)      De información: liberdade para informar verazmente a través de calquera medio tanto oral como escrito.
h)      Relixiosa: liberdade de profesar calquera relixión ou crenza.
i)        De culto: poder manifestar en público as crenzas relixiosas.
II)                 Liberdades económico-sociais:
a)      Propiedade privada: dereito á dispor libremente da propiedade privada e da herdanza.
b)     De empresa: liberdade de establecer unidades de producción de bens e servicios.
c)      De comercio: liberdade de intercambiar os productos da actividade económica.
d)     De contratación: liberdade de formalizar contratos de compra-venda, aluguer,...
e)      De ensino: liberdade para crear centros docentes con ideario propio.
f)       De fundación: liberdade para criar entidades que promovan fins culturais, educativos, relixiosos,...
g)      De traballo, de elección de profesión ou ocupación.
h)      De libre sindicación: liberdade par asociarse dun modo duradeiro para defender os propios intereses, mediante a creación de sindicatos ou a afiliación aos  xa existentes.
i)        De folga: liberdade de interromper a actividade laboral como medio de presión.
III               Cívico políticas:
a)      De reunión: liberdade par reunirse con outras persoas ou grupos para discutir, elaborar proxectos, tomar decisións políticas,etc.
b)      De manifestación: a capacidade para expresar en público as ideas políticas.
c)      De asociación: liberdade de unirse con outras persoas ou grupos dun xeito duradeiro para fíns de carácter político, deportivo, cultural, laboral, etc. Mediante a creación de asociacións culturais,deportivas, partidos políticos,...
IV               Liberdades colectivas:
                    -Dereito de autodeterminación dos povos.
En definitiva podemos facer a distinción entre liberdade positiva: o dereito  a dispor dos medios que nos permitan acadar as metas propostas e liberdade negativa (moral) como ausencia de interferencias alleas nos nosos planos de vida.
Cuestións:
¿Existe colisión dunhos dereitos con outros?¿Existen dereitos colectivos?
lunes, 7 de enero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario