domingo, 13 de enero de 2008

INFORMACIÓN EXPLICATIVA DA UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

INFORMACIÓN EXPLICATIVA DA UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

1-O HOME COMO SER SOCIAL
Como moitas outra especies, o ser humano é un ser social. Como as abellas, as formigas, ou os lobos, o individuo humano crece, desenvolvese como tal no medio e coa axuda dos seus conxéneres.
Pero o ser humano non está atado aos seu instintos na mesma medida que os outros animais sociais. As abellas e os lobos manteñen a cohesión social efectuando labores e mantendo regras de relación programadas no seu código xenético. Non son normas libremente elexidas. As persoas, en cambio, debido a esta deficiencia instintiva, necesitamos para facer posible a nosa vida en sociedade, crear normas e institucións. Estas normas e institucións poden ser de formas variadas, pero a súa necesidade é incuestionable... Pero ¿é seguro isto? Só no caso de que necesitásemos realmente vivir en sociedade. O propósito desta lección é demostrar que ao ser humano non lle queda, de verdade, ningunha outra posibilidade

2- ¿QUÉ SON OS DEREITOS ¿
As normas de conducta regulan e prescriben o que de feito podemos facer nunha sociedade dada, que ámbitos pertencen ao ámbito privado e cales ao público. Deste xeito coñecendo as regras dunha sociedade, coñecemos o que temo "dereito" a facer nela sen que ninguén nolo poida prohibir ou castigar.
A palabra dereito é unha palabra polisémica que usamos en varios sentidos:
Para referirnos a aquelas obrigas que a sociedade ou os outros nos deben
Para referirnos a aquelas cousas que podemos reclamar, pero que non debemos pedir obrigatoriamente.
Para nomear o conxunto de leis dun país...
As mesmas normas que regulan os nosos dereitos, definen cales son as nosas obrigas respecto á sociedade e aos membros desta. Nesta lección estudiaremos tamén de onde xurden as obrigas e que relación gardan cos dereitos. Na primeira parte veemos como se constitúen os dereitos e as obrigas nunha sociedade e nos preguntaremos acerca de si podemos dicir que outros organismos, ademáis do ser humano teñen dereitos


Debese distinguir entre asdistintas fundamentacións que se fan dos códigos socialmente establecidos, tanto morais como legais. Despois distinguiremos a fundamentación dos códigos morais e legais. Algúns códigos que se presentan a sí mesmos como válidos son, sen embargo, acusados de ilexítimos e son, por iso desobedecidos. ¿Pode unha norma ter validez pero non lexitimidade. Iso xustificaría a desobediencia á norma. É unha cuestión capital distinguir entón entre validez e lexitimidade. Ante esta cuestión distinguense, respecto aos códigos legais dúas posicións teóricas que se aclaran a continuación: iusnaturalismo e positivismo xurídico.

3- ESTADO DE DEREITO E COMUNIDADE INTERNACIONAL

Na atualidade a idea de Estado de dereito e os límites plantexa, leva á conclusión de que tales límites só pode fixalos unha instancia superior ao propio estado. Nun estado de dereito os individuos deben estar protexidos contra os abusos do poder e, en ocasións o contrato social que garantiría esa protección non funciona debidamente. Por outra parte o feito actual da globalización da economía, pero tamén e como consecuencia diso, a globalización da política e a cultura, fan necesario que existan controis supraestatais que permitan protexer aos seres humanos en calqueira lugar do mundo.
A instancia que fai posible este desiderata, non pode ser á súa vez un estado, nin sequera un estado universal que abarcara todo o planeta. Faise necesario que exista unha opinión pública internacional e organizacións supraestatais de carácter non gubernamental que vixien coiden e denuncien os abusos do poder, en calqueira das súas formas. Todas estas cuestións conducen á idea de recuperar o proxecto de sociedade civil como esfera de organización da vida social.

Como temos visto, calqueira Estado trata de lexitimar o seu poder, porque iso fai máis fácil que os seus cidadáns o acaten.Non tódolos intentos de lexitimación son aceptables, como xa temos visto, pois alguns deles non non se sosteñen en bases racionais, e si emocionais. A lexitimación do poder do Estado pode establecerse tendo en conta como exerce o poder dito Estado, esto é, se é equitativo e xusto ou non (concilia ou non os intereses en conflicto dos seus cidadáns). Pero, na modernidade xurde a idea de que a lexitimidade dun Estado provén tamén da súa orixe. Un Estado sería lexitimo só no caso de que fora libremente consentido por tódolos cidadáns que o conformaron e non en base á forza da coacción. Nesta lección estudiaremos a fundamentación do poder nas sociedades democráticas tendo en conta para iso, a forma en que se orixinou o Estado.
As sociedades democráticas toman como marco teórico, para a súa fundamentación, a teoría de que toda sociedade se funda nun hipótetico "contrato social". Esta idea é característica da civilización moderna e contemporánea. Xurde no Renacemento e a Ilustración e prolongase ata os nosos días. Trata de fundamentar o poder e o Estado tomando como base a lexitimidade da súa orixe.
Algúns enlaces de entidades supraestatais:

ONU
Unidade Africana
Unión Europea
OTAN
SEATO
Mercosur
Liga árabe

4- A DECLARACIÓN DE DEREITOS HUMANOS


Información
Noción de dereitos humanos
Cando definimos a palabra dereito, fixemos unha distinción entre dereito obxectivo (conxunto de leis para regular as accións sociais) e o dereito en sentido subxectivo (conxunto de calidades, capacidades ou actividades que podemos e debemos exisir da sociedade). Os dereitos humanos resumen o conxunto de exisencias básicas que pode e debe reclamar calquera persoa polo feito de pertencer á raza humana. Nalgúns casos, como xa vimos, estas exisencias foron incorporadas polos estados ás súas constitucións, en cambio noutros son vulnerados constantemente. Pero, estean ou non recoñecidos pola lei obxectiva, trascenden o poder do Estado para negalos ou afirmalos; pódese dicir que son unha propiedade inalienable do ser humano.
Os dereitos humanos poden entenderse en varios sentidos, sen que estas distinción afecten aos seus contidos:
Podemos entendelos como dereitos fundamentais dos cidadáns. Neste caso, eses dereitos son os recollidos na acta do Contrato Social ou Constitución e constituirán a garantía de que o Poder soberán (en calquera das súas manifestacións) non abusa do seu poder. Cando asimilamos os dereitos humanos cos dereitos fundamentais, relativizamolos á fundación da sociedade, aínda cando se presupoña que deban exisgtir en calqueira sociedade lexitimamente constituída. Neste caso o valor deses dereitos queda supeditado ao poder que os fai cumplir e, en rigor, non se podería falar de dereitos anteriores ao propio estado. Esta é a posición que defende o positivismo xurídico. Sen embargo, que os dereitos humanos se entendan como dereitos fundamentais é verdadeiramente importante, pois á única garantía do seu cumprimento está no seu recoñecemento polo Estado que ten o poder de facelos cumprir.
Noutro sentido, podemos entender que os dereitos humanos proveñen da propia natureza humana e son previos a calquera forma de organización social. Neste caso, os dereitos humanos entendense como dereitos naturais. Se entendemos que estes dereitos son naturais, faise necesario investigar cal é a súa orixe e como se fundamentan. Nalgúns casos, esta orixe pretende buscarse na vontade de Deus, pois crese que o ser humano lle debe a Deus a súa existencia e o seu modo de ser. Noutros casos, alleos a unha configuración relixiosa do mundo, buscase un tipo de fundamentacion diferente, baseado na racionalidade humana, a súa igualdade ou nalgunha outra característica presente en todos os seres humanos.
Tamén pode entenderse que os dereitos humanos son o froito dun novo contrato social que pretende ser universal e vinculante para todas as sociedades do Planeta. Este contrato social conleva a creación de institucións para a súa salvagarda e defensa, como a ONU, que imporían o seu poder a calquera estado-nación. Se entendemos así os dereitos humanos debemos matizar que este proceso está en construcción (posto que non todos os estados respectan estas normas) e que o poder das súas institucións en aínda limitado e só vinculante politicamene para as sociedade firmante. Aínda que a súa proxección de futuro é converterse en universal e obrigatorio.
Características dos dereitos humanos
En definitiva os dereitos humanos, sexa cal sexa o xeito de entendelos, presentanse sempre como aqueles dereitos que posúe toda persoa polo feito de pertencer á raza humana. Neste sentido podemos dicir que as súas principais características son:
Son inalienables: non poden ser cancelados nin outorgados por ningunha institución, pois son previos a elas. Pódese afirmar que existen aínda que non sexan recoñecidos.
Son universais: posto que son válidos para calquera persoa, independentemente do lugar no que resida, posición social, relixión, raza, sexo e tamén do tempo no que se desenvolva a súa existencia.
Son ideais: propóñense como orientación para a formulación dos distintos códigos legais nas distintas sociedades de xeito que quedan recollidos no dereito positivo.
Historia e desenvolvemento dos dereitos humanos
Pode dicirse que a historia dos dereitos humanos comeza, en rigor, coa Declaración dos Dereitos do Home e o Cidadán de 1789, durante a Revolución Frances, se ben é certo que en épocas anteriores a reflexión sobre a súa necesidade sempre estivo presente, nunca tiveron a importancia que se lles concedeu na Ilustración. Durante a Idade Media, por exemplo, o teólogo Tomás de Aquino, introduciu as definicións e diferencias entre Dereito natural e Dereito positivo, pero a importancia que tiñan para este autor proviña da necesidade de mostrar a superioridade da lei relixiosa sobre a estatal e non dunha defensa dos dereitos das persoas fronte ao Estado.
No desenvolvemento dos dereitos humanos despois da Ilustración podemos distinguir varias etapas que foron sucesivamente dando lugar ao recoñecemento de novos conxuntos de dereitos. Fálase de tres xeracións de Dereitos humanos:
Dereitos de 1ª xeración: foron recollidos na Acta da Convención Europea de 1950. Refirense fundamentalmente a dereitos relativos á persoa física (dereito á vida, á liberdade, á seguridade, á familia...). Estes dereitos correspóndense cos principios defendidos polo liberalismo, desde J. Locke.
Dereitos de 2ª xeración: Conformaronse durante o século XIX e principios do XX, como resultado dos diferentes pactos entre estados. Refirense fundamentalmente a dereitos de carácter social e recoñecen o dereito do individuo a recibir algo da sociedade (seguridade social, educación, protección no traballo...). O recoñecemento destes dereitos corre palalelo ao proceso de construcción do estado benefactor e exise unha intervención maior do mesmo na vida dos cidadáns. Deste xeito, en ocasións, esta intervención entra en conflito cos dereitos de 1ª xeración que exisían precisamente que o Estado limitase esta intervención para permitir o máximo de liberdade individual.
Dereitos de 3ª xeración: Son producto do proceso desconolizador iniciado tras as guerras mundiais e a perda de poder económico das potencias coloniais. Esta descolonización xerou un sentimento nacionalista que levou aos pobos a reclamar o desenvolvemento material e técnico, pero tamén o respecto das súas tradicións e costumes. Entre 1948 e 1973 millóns de persoas acceden á independencia e a composicións das Nacións Unidas vese alterada. Como resultado deste proceso os dereitos de 3ª xeración recollen o respecto ás minorías, o anti-etnocentrismo, a protección das colectividades e da súa cultura específica. Estes dereitos presentan como principal novidade o recoñecemento dos pobos, colectividades e grupos sociais como persoas xurídicas, con dereitos e deberes.
Fundamentación dos dereitos humanos
Como se fixo patente, na narración do desenvolvemento histórico dos dereitos humanos, podemos percibir que na súa implantación están involucrados tres niveis do coñecemento e a convivencia humanas: a moral, o dereito e a política. A moralidade debe fundamentar e propoñer as condición de liberdade, igualdade e dignidade que exise a implantación dos dereitos humanos de forma universal.O dereito debe ser capaz de concretalos en distintas lexislacións, exisindo por medio da coerción, que se cumpran (tanto a nivel nacional como internacional). A política debe aplicar esa carta de dereitos poñendo as bases para que poida, de feito, levarse á práctica. Ao estar involucradas estas tres actividades humanas, faise necesario que a fundamentación teórica da validez e obrigatoriedade deses dereitos se leve a cabo desde tres frontes: unha fundamentación ética, unha fundamentación xurídica e unha fundamentación política.
A. Fundamentacións ética
A fundamentación ética tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Este tipo de fundamentación basease na posición iusnaturalista e consiste en afirmar que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana. Podemos distinguir alo menos tres tipos de fundamentación ética, dependendo de onde sitúen a orixe desa orde natural previa á implantación da lei positiva.
Fundamentación teolóxica: que afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Este tipo de fundamentación presente xa en Grecia e Roma, acada o seu apoxeo na Idade Media na figura de Tomás de Aquino. Tomás de Aquino afirma que o ser humano coñece parte da orde natural a través da Revelación e da súa propia razón, e este coñecemento permítelle establecer os preceptos básicos que deben rexer a súa vida, por riba de calquera lei positiva. Como esta orde ten como fundamento a lei divina sempre coincidirán, aínda que sempre será superior a lei divina. A fundamentación teolóxica dos dereitos humanos presenta o grave inconvinte de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe. Desta forma podemos afirmar que, persoas non crentes e estados non confesionais non terían que respectar os dereitos humanos e, a súa implantación non podería chegar a ser nunca universal. Por outra parte só algunhas relixións, como o cristianismo, parten do ideal de igualdade dos seres humanos, imprescindible para unha universalización dos dereitos humanos.
Fundamentación laica ou racional: afirma que a validez dos dereitos humanos radica na igualdade universal de todos os sers humanos, alo menos nalgúns aspectos fundamentais. Os seres humanos, polo feito de selo, compartimos a mesma natureza e a mesma capacidade racional. Os dereitos humanos serían a expresión desa natureza e, polo tanto, universalmente válidos e superiores a calquera lei positiva que os Estados poidan firmar. Os principais representantes deste tipo de fundamentación foron J. Locke, Rousseau e, por suposto, I. Kant. Este tipo de fundamentación orixinouse a partir da Ilustración e continúa moi presente nos nosos días, pero sempre tivo detractores que afirman que o presuposto da igualdade e racionalidade do xénero humano do que parte non existe, nin pode existir de feito. Sen embargo, afortunadamente é o punto de vista aceptado en todos os estados democráticos de dereito.
Fundamentación historicista: Este tipo de fundamentación foi defendida durante a preparación da Declaración Universal e entende que os dereitos humanos son o resultado das necesidade e valores de cada sociedade e cada época histórica. O seu principal defensor foi B. Groce. Este tipo de fundamentación fai da Declaración de Dereitos Humanos un documento en perpetua revisión e transformación.
B. Fundamentación xurídico-positiva
En contraposición ás teorías iusnaturalistas, que consideran os Dereitos Humanos previos ao contrato social e tratan de fundamentalos atendendo a valores relixiosos, morais ou históricos, as teorías do positivismo xurídico afirman que non existen dereitos previos á formación da sociedade, pois é a sociedade a que proporciona e garante os dereitos (que no estado de natureza non existen). O positivismo xurídico afirma que os chamados dereitos humanos son, en realidade, dereitos fundamentais recollidos no momento do pacto social e resultado do acordo entre os individuos. Un representante importante deste tipo de fundamentación é o xurista Kelsen.
C. Fundamentación política
Desde a práctica da política faise necesario tamén dar razón da validez e funcionalidade dos Dereitos Humanos. A este respecto atopamos dúas grandes teorías:
As teorías do consenso: fundamentan os dereitos humanos no consenso social, ben produto dun pacto orixinario ( o principal respresentante desta tendencia é J. Rawls), ben como producto dun diálogo permanente e universal que producirá sucesivos acordos que irán perfeccionándose (o principal respresentante desta tendencia é J. Habermas). As teorías do consenso tentan presentar os dereitos humanos como un acordo democrático fundado na racionalidade do ser humano e, en moitos casos, usan fundamentación éticas para dar razón dese acordo.
As teorías do disenso: tentan fundamentar os Dereitos Humanos facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente. Este tipo de fundamentación está en consonancia co proceso histórico que deu orixe á Declaración (pragado de loitas, manifestacións contra distintas ordes sociais establecidas por costume ou tamén por acordo). O seu principal representante é N. Bobbio.
Cuestións
1-¿Qué defende o positivismo xurídico?
2-¿Que quere decir que os dereitos humanos son dereitos naturais?
3-¿Que problemas percibes para a implantación internacional dos dereitos humanos?
4-Caracteristicas dos dereitos humanos?
5-Qué quere decir ius naturalismo?
6-Diferencias entre a fundamentación ética, teolóxica, política e historicista?

1 comentario:

Diego Cacheda dijo...

muy bien me gusta este texto