miércoles, 19 de diciembre de 2007

ARTIGOS DA CONSTITUCIÓN QUE FAN REFERENCIA ÓS DEREITOS HUMANOS

- Comezando polo artigo 15 da Constitución, vemos que fai referencia ós artigos 3 e 5 dos Dereitos Humanos xa que os dous falan do dereito á vida, a liberdade e a seguridade da persoa e que non deben ser sometidas a torturas nin a penas ou tratos crueles inhumanos ou degradantes.- Seguidamente vemos o artigo 16 da Constitución que ten relación co artigo 18 dos Dereitos Humanos que sigue decindo que toda persoa ten dereito á liberdade pero esta vez de pensamento, de conciencia e de relixión, insistindo en que calquera persoa é libre de cambiar de relixión se o considera convinte así como manifestar a súa opinión respecto a tal.- O artigo 17 da Constitución ten relación co artigo 19 que continúa co dereito da liberdade de opinión e de expresión, co cal ninguén pode ser molestado a causa das súas opinións.- No artigo 18 da Constitución, vemos que fala de que toda persona ten dereito á protección da lei contra ataques na súa vida privada, familia, domicilio, etc. polo tanto ten relación co artigo 12 dos Dereitos Humanos.- O artigo 19 da Constitución ten relación co artigo 13 dos Dereitos Humanos xa que di que toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado e que toda persoa ten dereito a saír do seu país libremente y a regresar a su país.- O artigo 21 ten relación co artigo 20 dos Dereitos Humanos que síguenos a falar da liberdade das persoas pero neste caso ó dereito de liberdade de reunión e de asociación e que ninguén pode obrigarte a pertencer a unha asociación.- No artigo 22 vemos que fala relativemente do mesmo que o artigo 21, defendendo esa liberdade das persoas.- A continuación temos o artigo 23 da Constitución, que garda certa relación co artigo 21 dos Dereitos Humanos que dinos que toda persoa ten dereito a participar na política do seu país, xa sexa directa ou indirectamente.- O artigo 24 da Constitución ten relación co artigo 10 dos Dereitos Humanos que nos informa de que toda persoa ten dereito a ser escoitada polos demais e a ser respetada a súa opinión.- O artigo 25 da Constitución está relacionado co artigo 11 dos Dereitos Humanos e dinos que toda persoa acusada de delito ten dereito a presentar a súa inocencia mentres non se probe a culpabilidade e que ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non foron delictidos según o Dereito nacional ou internacional.- No artigo 27 da Constitución fálanos de que toda persoa ten dereito á educación e esta debe ser gratuíta. Tamén a educación terá por obxectivo o pleno desenrolo da personalidade humana e os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse os seus fillos. Polo tanto ten relación co artigo 26 dos Dereitos Humanos.- O artigo 29 da Constitución garda certa relación co artigo 17 dos Dereitos Humanos que nos di que toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente e que ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.

No hay comentarios: