martes, 11 de diciembre de 2007

FEMINIZACIÓN DA POBREZA

A discriminación de xénero é unha das principais causas da pobreza xa que impide que as mulleres reciban educación, formación e servizos médicos.

A discriminación de xénero existe en todos os países e en moitos casos está relacionada coa raza, sexo, etc. dunha persoa.

A discriminación está moi relaciondada coa pobreza. Dos 1.300 millóns de persoas que viven na situación de pobreza, máis do 70% son mulleres. Tamén realizan o 67% das horas traballadas e tan só gañan un 10%. Posúen o 1% das propiedades a nivel mundial e o seu salario e só tres cuartas partes do masculino.

A discriminación de xénero está estendida nas zonas máis pobres de Asia, África e América Latina. Nalgúns casos dáse un fenómeno cualificado de xenocidio se tivese como obxecto un grupo étnico. En África Subsahariana, na India, China e Pakistán morren máis mulleres que homes polo que o tradicional 51% da población mundial mudou por un 48.3 cada 100.

Ademais cada minuto, catro mulleres son sometidadas a ablación. No mundo 135 millóns de mulleres teñen os seus xenitais cortados.

Dentro do mercado mundial, as mulleres son utilizadas sobre todo como obxectos sexuais. As mulleres do Sur son presentadas con frecuencia dentro do cliché de prostitutas, mulleres mercadas, víctimas exóticas, e provintes de mundos subdesenrolados onde son esmagadas polos seus homes; estas emigran pero chegan ó Norte. Como son ilegais son explotadas como prostitutas ou no servizo doméstico sen ningún tipo de contrato.

Pero é importante concienciarse de que a feminización da pobreza é un feito constatable.
Ignorar esta realidade impedirá resolver problemas económicos medioambientais do planeta.
A feminización da pobreza aumenta as desigualdades entre os homes e as mulleres. Será necesario que as mulleres aumenten o control sobre os ingresos e os recursos domésticos, acabar coa muller como individuo non productivo, establecer os dereitos necesarios e aumentar as opcións laborais.

No hay comentarios: