lunes, 10 de marzo de 2008

CONTRATO SOCIAL DE JOHN LOCKE

Locke pese a que continúa a tradición contractualista inglesa iniciada por Hobbes e, a que retoma moitos dos elementos que este autor utilizou nas súas teorías, chega a conclusións diferentes. Para el, pese a coincidir con Hobbes en que unha das principais finalidades do Estado é lograr a paz e a seguridade,non se fai necesaria instaurar un poder monstruoso e concentrada como e Leviatán senon que como se verá mais adiante a defensa da liberdade, en sentido negativo atravesa a súa teorización en torno o contrato social.Formula tamén a teoría do contrato social e aboga pola existencia dun goberno limitado que garantice o orde e a paz. Para Locke as ideas do home proceden da esperiencia. Defende o dereito natural e a tolerancia relixiosa. O seu concepto de goberno limitado débese a que para el no contrato social, que fan as persoas coa sociedade, non se otorga todo o poder, senon aquela parte que predica a convivencia.Para Locke o estado natural do home é a paz e a liberdade, grazas a un sentimento de solidariedade e o instinto de conservación. No obstante, o temor as arbitrariedades fai que os homes se sintan máis seguros vivindo en sociedade, para o cal determinan un contrato social de forma limitada. Establécense así leis xustas que o cidadán debe respectar. Estas leis, tamén, deben ser acatadas polo goberno, que ademais, debe respectar os dereitos dos cidadáns. Se o goberno viola os seus compromisos pode ser distituído pola sociedade.

No hay comentarios: